Cursos y Talleres
Estimado/a asociado/a,
Hoxe día 9 ás 12,00 horas PRESÉNTASE A Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego, polo que dende as 12,00 horas as panaderías CERTIFICADAS (neste momento son 4 na nosa provincia, aínda que son varias en tramitación) e autorizadas polo Consello Regulador da IXP Pan Galego, van comenzar a vender o Pan con Certificación de Calidade Difrenciada amparado polo selo da IXP.
Podes SEGUILO en DIRECTO a través da canle de YOUTUBE da AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria) no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=FRXVxyjKAMg
Adxúntoche carta do Director da Agacal o respeto e invitación Presentación IXP Pan Galego.
Confiando de que esta IXP do Pan Galego poida ser nun futuro un referente como o é a día de hoxe as diferentes Denominacións de Orixe (D.O.) ou IXP como: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ternera Galega ou os Queixos… de todos/as depende.
Se ti sumas, IXP sumará!
Un saúdo,
A XUNTA DIRECTIVA.
